O xeito máis sinxelo e seguro de iniciar sesión na túa Conta de Google
As claves de acceso son unha alternativa máis fácil e segura que os contrasinais. Con elas podes iniciar sesión só coa impresión dixital, o recoñecemento facial ou o bloqueo da pantalla.
-
Sinxelo
As claves de acceso ofrecen unha experiencia cómoda e sinxela na que se utiliza o bloqueo do teu dispositivo, como a impresión dixital, o recoñecemento facial, un PIN ou un padrón, para iniciar sesión na túa Conta de Google.
-
Seguro
As claves de acceso proporcionan a maior protección. Nunca se poden adiviñar nin reutilizar, o que axuda a protexer a túa información privada fronte aos atacantes.
-
Privado
Os teus datos biométricos, como a impresión dixital ou o recoñecemento facial, gárdanse no teu dispositivo persoal e nunca se comparten con Google.